barrilleira
barrilleira
(<2barra < gótico parra?)
s
f
[PLANTA]
Herbácea anual de ata 60 cm, de pólas deitadas e follas carnosas e cilíndricas de ata 4 cm, rematadas nunha espiña. As flores son hermafroditas con 5 sépalos e 2 brácteas. Atópase en areas, entullos e terreos baldíos do litoral. Por incineración dá unha cinsa moi rica en carbonato sódico e carbonato potásico empregada para a fabricación de xabóns.