barrio
(< ár barrī ‘exterior,propio das aforas’)
-
s
m
Espacio urbano singularizado respecto ao seu contorno por aspectos de natureza diversa, de índole social, funcional, histórica ou morfolóxica. O barrio constitúe, independentemente do tamaño da aglomeración urbana, un núcleo de poboación con características homoxéneas e personalidade contrastada, que se fai patente en manifestacións de tipo cultural, lúdico, deportivo, reivindicativo, etc, a través dun movemento asociativo artellado máis ou menos formalmente.
Confrontacións: barriada. -
s
m
Zona situada nos arredores dunha poboación.
Sinónimos: aforas, alfoz, periferia. -
s
m
[HIST]
Termo empregado comunmente para denominar o conxunto de varias construcións castrexas e os seus anexos, que poden quedar individualizados no conxunto do castro por un pequeno muro que as acolle e rodea.
-
s
m
[HIST]
Nos estados americanos de lingua oficial castelá, división territorial que se corresponde co ayllu de Perú e o calpulli dos aztecas.
-
barrio baixo
Zona urbana onde vive a xente máis modesta que é vista a miúdo como lugar pintoresco.
Frases feitas
-
Cambiar de barrio. Morrer, pasar á outra vida.
-
O outro barrio. A eternidade, o outro mundo que chega trala morte.