barrio

barrio

(< ár barrī ‘exterior,propio das aforas’)

  1. s m

    Espacio urbano singularizado respecto ao seu contorno por aspectos de natureza diversa, de índole social, funcional, histórica ou morfolóxica. O barrio constitúe, independentemente do tamaño da aglomeración urbana, un núcleo de poboación con características homoxéneas e personalidade contrastada, que se fai patente en manifestacións de tipo cultural, lúdico, deportivo, reivindicativo, etc, a través dun movemento asociativo artellado máis ou menos formalmente.

    Confrontacións: barriada.
  2. s m

    Zona situada nos arredores dunha poboación.

    Sinónimos: aforas, alfoz, periferia.
  3. s m [HIST]

    Termo empregado comunmente para denominar o conxunto de varias construcións castrexas e os seus anexos, que poden quedar individualizados no conxunto do castro por un pequeno muro que as acolle e rodea.

  4. s m [HIST]

    Nos estados americanos de lingua oficial castelá, división territorial que se corresponde co ayllu de Perú e o calpulli dos aztecas.

  5. barrio baixo

    Zona urbana onde vive a xente máis modesta que é vista a miúdo como lugar pintoresco.

Frases feitas

  • Cambiar de barrio. Morrer, pasar á outra vida.

  • O outro barrio. A eternidade, o outro mundo que chega trala morte.

Palabras veciñas

barrilete | barrilla | barrilleira | barrio | barrío | Barrio | Barrio