Barrio

Barrio
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica que remite á voz árabe barri ‘exteriores dunha poboación, arredores’.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente do val de Villaverde de Trucios (Santander) ou de Castrillo, preto de León. Espallouse por terras do Bierzo, Verín e Valderorras. Os de Vilagarcía de Arousa foron marqueses de Vilagarcía. Os Fernández do Barrio establecéronse no lugar de Barrio, preto de Sarria, onde ergueron a súa casa-torre. Os O Barrio e Do Barrio tiveron casa en Duarría, Castro de Rei. A rama galega leva escudo mantelado: primeira e segunda partición, en campo de ouro, con tres lises de azul, ben ordenadas; mantel de prata, cun león rampante, da súa cor, lampasado de goles; bordo de goles con catro aspas de ouro alternando con catro veneras do mesmo metal nos cantóns do xefe e da punta. Outra variante trae o mesmo escudo pero con oito aspas e oito veneras no bordo. Algúns representan, en campo de goles, tres barras de ouro.

Palabras veciñas

barrio | barrío | Barrio | Barrio | Barrio | Barrio | Barrio de Cascallá, O