Barrio

Barrio
[IMAX]

Produción española do ano 1998 dirixida por Fernando León e interpretada por Críspulo Cabezas, Eloi Yebra e Timy. Foi premiada coa Concha de Plata ao mellor director no Festival de San Sebastián 1998. A acción transcorre no verán de 1998, no que tres adolescentes que viven na periferia de Madrid matan o tempo deambulando polo seu barrio, compartindo frustracións e problemas familiares, anhelando unha vida diferente, pero os seus soños viranse abaixo ao chocar cunha realidade negativa.