barrilete
(< fr barrilat)
-
s
m
Peza de ferro, en forma de sete, que empregan os carpinteiros para suxeitar a madeira no banco e, deste xeito, poder labrala. Recibe tamén o nome de rapaz porque substitúe o mozo que axuda ao carpinteiro a apertar a madeira contra o banco.
Ex: Na carpintería de meu tío hai tres barriletes.
-
s
m
Peza do revólver, cilíndrica e xiratoria, na que se colocan os cartuchos.
Ex: Atascouse coa ferruxe o barrilete do revólver.
-
s
m
[IND/ARTE]
Tubo feito en metal ou plástico que contén unha superficie interior negra para gardar os elementos e controis do obxectivo.
-
s
m
[MAR]
Especie de nó en forma de barril que se fai nalgúns cabos, a unha certa distancia do extremo, para evitar que este pase por un burato de diámetro maior ca o do cabo.
-
s
m
[MÚS]
Peza cilíndrica que leva o clarinete preto da boca.
-
s
m
[QUÍM]
Depósito con auga, no que se facía burbullar o gas procedente da destilación, na antiga fabricación do gas de hulla.
-
s
m
[XOGO]
Papaventos de papel en forma de barril co que xogan os rapaces.
Ex: O forte vento rachoulles o barrilete os nenos.