alfoz
alfoz
(< ár al-ḥawz‘o distrito, o pago’)
-
s
m
[URBAN]
Barrio situado nas aforas dunha vila ou cidade. Nas cidades pechadas por unha muralla fálase de arrabaldes extramuros.
Ex: A familia de Xoán vive no alfoz de Vigo.
Sinónimos: arrabalde, periferia, suburbio. -
s
m
[ADM]
Conxunto de localidades que se atopan baixo unha mesma xurisdición administrativa.
-
s
m
[HIST]
Na Galicia medieval, designación do distrito, termo ou circunscrición dunha cidade sobre a que tiñan xurisdición as autoridades municipais. As concesións de privilexios aparecen outorgadas nos documentos medievais ás vilas e, de maneira explícita “ó seu alfoz”. Consta que tiveron alfoz Allariz, Muros, Chantada e A Coruña, entre outras.
-
s
m
[HIST]
Circunscrición rural que abrangue diferentes explotacións rurais.