pipino -na
(< antropónimo Pipino de Landen)
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía pipina.
-
s
Membro da dinastía do Reino de Austrasia que descendía de Pipino de Landen, e que deu orixe á dinastía carolinxia. O seu fillo Grimoaldo destronou o merovinxio Dagoberto II para concederlle o trono ao seu fillo Khildeberto, pero foron asasinados (656?). Do matrimonio de Begga, irmá de Grimoaldo, con Ansexiselo, fillo de Arnulfo, bispo de Metz, naceu Pipino de Heristal, quen unificou os reinos francos (687). Á morte do seu sucesor Teodobaldo (714), Carlos Martel destronou a viúva rexente Plectruda (719). A partir de 741 as terras quedaron divididas entre Carlomán e Pipino I, quen tiveron que consentir a restauración do Reino Merovinxio (743). Os fillos de Pipino, Carlomán e Carlomagno, repartíronse ao reino (768) e formouse o Imperio Carolinxio.