Piramsés
Piramsés
Antiga cidade de Exipto, situada no Delta oriental. Residencia real de Ramsés II (casa ou dominio de Ramsés), foi, xunto con Memfis, a sede principal deste soberano e dos seus sucesores. Segundo a Biblia, os hebreos foron obrigados a fabricar os adobes para construíla, ata que fuxiron no Éxodo. Non se sabe con exactitude onde estaba situada; ; primeiramente identificouse con Pelusium, pero A. H. Gardiner inclinouse despois por Tanis (actual San el-Hagar), a uns 167 km ao NL do Cairo. Outros investigadores identificárona con Qantir, a uns 19 km ao S de Tanis.