piraña
piraña
(< port piranha)
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos carácidos, da orde dos cipriniformes, sobre todo os que pertencen aos xéneros Serrasalmus, Roosveltiella e Pygocentrus. Presentan dentes triangulares, rematados en punta, e que encaixan perfectamente. Son animais dunha gran voracidade, que atacan o gando e, incluso, o home. Habitan as augas doces das rexións tropicais de América do Sur.