Pires, José Cardoso

Pires, José Cardoso

Novelista. Integrado inicialmente no realismo social, a súa obra evolucionou cara ao experimentalismo. Foi director da revista Almanaque e publicou o conto Jogos de Azar (1963), as novelas O Hóspede de Job (1963, Premio Camilo Castelo Branco) e O Delfim (1968), que parten de situacións concretas pero que acadan un contido simbólico. Autor de diversos ensaios, como A cartilha do Marialva (1960) e Lisboa, livro de bordo (1997, Premio Fernando Pessoa), a súa novela Balada da Praia dos Caes (1982) foi galardoada co Premio Nacional de Literatura en Portugal.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : São João do Peso, Vila de Rei

  • Deceso

    Lugar : Lisboa