Pires, Maria João

Pires, Maria João

Pianista. Formouse inicialmente no Conservatório Nacional de Lisboa (1953-1960) e asistiu ás clases de Francine Benoît. A través dunha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian participou nos cursos de Rosi Schmid en Múnic e de Karl Engel en Hannover. Destacada intérprete de Mozart, Beethoven e dos grandes mestres do Renacemento, foi coñecida a escala internacional despois de gañar en Bruxelas o primeiro premio do Concurso Bicentenario de Beethoven (1970).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa