Pistoia

Pistoia

Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia, situada ao NO do val de Florencia (83.936 h [2001]). Tradicionalmente dedícase á metalurxia e á manufactura de zapatos e tecidos. A Pistoia romana permaneceu unida á morte de Catilina (62 a C). Cara ao 1300 era un municipio importante, sobre todo no campo das finanzas, pero comezou a decaer cando se viu obrigada a aceptar a soberanía de Florencia, en 1401. Conserva as igrexas de San Bartolomeo en Pantano, San Giovanni Fuorcivitas, Sant’Andrea e a catedral (s XII).