Pita Romero, Leandro
Xornalista e político, fillo de Leandro María Ramón Pita Sánchez-Boado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi o impulsor do cooperativismo e presidente da Federación Agraria de Ortigueira e da Asociación Provincial de Gandeiros da Coruña. Dirixiu o xornal El Orzán (1924-1926) e foi redactor de El Liberal. Foi deputado pola Coruña pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano Radical (1933). Nomeado ministro da Mariña (1933), de Estado (1933-1934) e ministro sen carteira (1934-1935), foi embaixador na Santa Sé. Co estalido da Guerra Civil, exiliouse en Portugal e Arxentina. Colaborou en diversas publicacións, como La Nación, La Capital, La Prensa, El Mundo e El Eco de Galicia, e escribiu para a colección Lar a novela O anarquista (1924), onde critica os abusos do caciquismo e as desigualdades sociais. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ortigueira -
Deceso
Lugar : Bos Aires