Pithecia
Pithecia
[ANIMAL]
Xénero de primates, da familia dos cébidos, que presentan unha lonxitude duns 80 cm, dos que a lonxitude da cola representa a metade. Aliméntanse de froita, insectos e mel, e habitan na Güiana e nunha parte de Brasil. A especie P. pithecia coñécese co nome de saki.