pitia

pitia

(< lat Pythia < grΠυθία)

s f [HIST/MIT]

Sacerdotisa que, na Grecia antiga, anunciaba as respostas do oráculo de Apolo Pitio en Delfos. Unha vez recibida a pregunta, esta, unha muller virxe, sentada diante dun trípode de ouro e en estado de éxtase, pronunciaba palabras inconexas que os sacerdotes interpretaban e que entregaban por escrito, en verso, ao solicitante.

Sinónimos

Palabras veciñas

Piteşti | Pithecanthropus | Pithecia | pitia | pitiatismo | pítico -ca | Pitio