placenta

placenta

(< lat placenta ‘torta’)

  1. [ZOOL]
    1. s f

      Órgano materno dos mamíferos terios, que consiste nunha zona de contacto entre o útero e o corion e o alantoide do embrión, a través do que se establece, durante a xestación, o intercambio de osíxeno e de substancias nutritivas da nai ao embrión e de dióxido de carbono e de produtos do metabolismo do embrión á nai. No home, ao termo da xestación ten forma de torta aplanada de consistencia mol e esponxosa. Na cara fetal, envolta polo amnio e en relación coa cavidade amniótica fetal, insírese o cordón umbilical, portador do sangue ao feto.

    2. placenta previa

      Placenta que se insire no segmento inferior uterino. Durante o parto preséntase antes ca o feto e pode ser causa de importantes hemorraxias.

  2. s f [BOT]
    1. Parte resaltada do carpelo onde se insire un primordio seminal.

    2. Protuberancia de tecido foliar de onde arrincan os esporanxios nos soros das pteridófitas.

Palabras veciñas

placar | placaxe | placebo | placenta | placentación | placentado -da | placentario -ria