placentación
(
-
s
f
[ZOOL]
Forma de implantación dos tecidos embrionarios na placenta. Distínguese a placentación difusa, propia dos artiodáctilos, na que os tecidos embrionarios presentan moi poucos entrantes que penetran no endometrio materno, a placentación anular, propia dos carnívoros e doutros animais, na que as vilosidades ou entrantes do embrión forman un anel cilíndrico ao redor do endometrio, e a placentación hemocorial, na que as vilosidades do corion ao penetraren no endometrio e destruíren os tecidos imprégnanse do sangue dos capilares maternos destruídos.
-
s
f
[BOT]
Disposición das placentas, e polo tanto dos primordios seminais, no ovario e nos carpelos. Segundo a posición dos primordios seminais no ovario, hai unha placentación central ou axial se se sitúan no eixe, e unha placentación parietal, se se atopan nas paredes dos ovarios. En canto á posición dos primordios seminais no carpelo, distínguese unha placentación marxinal, se se insiren na marxe do carpelo, e unha placentación laminar, cando se sitúan na lámina carpelar.