Plan de Desenvolvemento Co-marcal
Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.