Plan de Ordenación dos Recursos Naturais
Plan de Ordenación dos Recursos Naturais
Nome científico:
[PORN]
Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.