planchín

planchín
Nome científico: [Padinapavonia, Fam das dictiotáceas]
s m [PROTISTA]

Alga parda, de ata 15 cm de lonxitude, que presenta un talo laminar de aspecto ríxido en forma de abano, formado ás veces por varias láminas superpostas. A superficie da lámina caracterízase pola presenza de pequenos pelos escuros formando liñas horizontais e concéntricas, que destacan sobre a cor abrancazada da fronde que se debe á acumulación de carbonato cálcico. Habita sobre substratos rochosos no nivel mesolitoral e infralitoral das costas protexidas e ben iluminadas.