plantaxináceo -a
plantaxináceo -a
(< lat científico Plantago, xénero de plantas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás plantaxináceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das plantaxináceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de dicotiledóneas, constituída por plantas herbáceas ou sufruticosas, de follas simples, a miúdo en roseta basal, inflorescencias en espiga, flores tetrámeras, hermafroditas, corola escariosa e persistente, androceo tetrandro e de xineceo súpero, con froitos en cápsula pixidial. Comprenden preto de 300 especies de todo o mundo, case todas do xénero Plantago.