1 plantar

1 plantar

(< lat plantāre)

    1. Fixar na terra un gromo ou un gallo dunha planta para que enraíce.

      Confrontacións: sementar.
    2. Introducir na terra unha semente ou un bulbo, para que medre unha planta.

      Sinónimos: sementar.
    3. Poboar con plantas ou árbores un terreo.

  1. Introducir algo no chan para que se manteña firme e dereito.

    Ex: Plantaron un poste para enganchar o cable de teléfono. 

    Confrontacións: chantar, cravar, fincar.
  2. Colocar algo nun lugar.

    Ex: Plantaron o coche no medio da praza. 

    Sinónimos: chantar, espetar.
  3. Abandonar algo que se estaba facendo.

    Ex: Plantou o traballo no medio da tarde. 

  4. Poñerse alguén de pé firme e quieto nun lugar.

    Ex: Plantouse na porta e non nos deixou pasar. 

  5. [XOGO]

    Renunciar a pedir máis cartas, ás que se teñen dereito, en certos xogos de cartas.

Frases feitas

  • Plantar lume a algo. Prender lume.

  • Plantarlle cara. Enfrontarse con alguén ou con algo que supón un problema. Ex: Plantoulle cara ao asunto. Plantoulle cara ao veciño.