Plantago
Plantago
[PLANTA]
Xénero de herbas ou matas da familia das plantaxináceas, de follas simples, a miúdo en roseta basal, de flores pequenas, pardas ou verdosas, tetrámeras, dispostas en espigas densas e de froitos en pixidio. En Galicia pódense localizar as especies P. coronopus, coñecida co nome de estrelamar, que crece preto da costa en areas de praia e rochas, a chantaxe de mar P. maritima, P. major, coñecida como lingua de vaca, e a correola P. lanceolata, que habita prados e ermos húmidos.