plantación

plantación

(< lat plantatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de plantar.

  2. s f

    Conxunto de vexetais da mesma clase cultivados nun terreo.

    Ex: Teñen unha plantación de patacas e outra de millo.

    Sinónimos: plantío.
  3. s f

    Cultivo extensivo de plantas, especialmente con fins industriais.

    Ex: Posúe varias plantacións en países tropicais.

    Confrontacións: facenda.