Planudes, Máximos
Planudes, Máximos
Erudito, filólogo e home de ciencia bizantino. Embaixador en Venecia (1296), foi monxe, ensinou ciencias profanas e transmitiu en Constantinopla a tradición científica do Imperio de Nicea. Traduciu ao grego obras de Ovidio, Boecio, Macrobio, Catón e santo Agostiño, entre outros. Catalogou as obras de Plutarco, fixo unha colección de epigramas gregos, Anthologia Planudea, e editou as fábulas de Esopo. Autor dunha Arithmetica secundum Indos, introduciu diferentes métodos de cálculo na ciencia bizantina.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nicomedia -
Deceso
Lugar : Constantinopla