Plasencia

Plasencia

Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (36.690 h [2001]). Centro comercial dunha rica rexión agrícola, desde o s XII é sé episcopal. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, formada por dous edificios construídos en diferente época (ss XIII-XIV e 1498), e as igrexas de San Nicolás e San Pedro (s XIII).