platanístido -da

platanístido -da

(< lat científico Platanista, xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos platanístidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Cetáceo da familia dos plastanístidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de mamíferos cetáceos odontocetos, que presenta o corpo alongado, o rostro fino co cranio comprimido e as aletas peitorais moi longas. Habitan nas desembocaduras de ríos ou en augas doces. Comprende varias especies como as asiáticas Lipotes vexifiller (no río Iang-Tsé) e Platanista gangetica (no río Ganxes); e as americanas Pontoporia blainvillei (no Río de La Plata) e Inia geofrensis (no río Amazonas, é o máis grande dos golfiños de río), entre outras especies.

Palabras veciñas

platanal | platanaria | plataneiro -ra | platanístido -da | plátano | Platanthera | Platanus