Platanus
Platanus
[PLANTA]
Xénero de árbores, da familia das platanáceas, que presenta follas alternas, lobuladas e tronco recuberto dunha cortiza que se desprende en placas. As flores son unisexuais e o froito é un aquenio que está envolto por pelos longos na base. Unha das especies máis coñecidas é o plátano de sombra.