Platini, Michel
Platini, Michel
Futbolista francés. Co Nancy (1972-1979) conquistou a Copa de Francia (1978) e co Saint-Etienne (1979-1981) gañou a liga francesa (1981). Na Juventus de Turín (1982-1987) conseguiu a Recopa de Europa (1984), a Copa de Europa (1985) e a Copa Intercontinental (1985). Participou nos Xogos Olímpicos de Montreal (1976) e nos campionatos mundiais de Arxentina 1978 e España 1982, e gañou a Eurocopa de Francia 1984. Foi Balón de Ouro (1983, 1984 e 1985) e seleccionador francés (1988-1992).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Joeuf