platínico -ca

platínico -ca

(< platino)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao platino.

    2. platinífero.

  2. adx [QUÍM]

    Áplícase á forma, xa en desuso, que se emprega para indicar que o platino actúa nun composto con valencia IV.

  3. ácido platínico [QUÍM]

    Nome non sistemático que se lle dá ao dióxido de platino hidratado, de cor amarela ou castaña, que se obtén por tratamento do ácido hexacloroplatínico (IV) co carbonato sódico.

Palabras veciñas

platinar | platinato | Platini, Michel | platínico -ca | platinífero -ra | platinio- | platiniridio