Plauto, Tito Macio
Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica. Co seu enxeño, e baseándose en argumentos simples marcados pola intriga, soubo divertir o pobo romano, que nesa época atravesaba por unha crise política e social. A súa fama fundaméntase na orixinalidade conseguida coa linguaxe e na creación de personaxes singulares, tirados das clases máis populares, que o teatro posterior imitou continuamente.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sarisina, Umbria