Plaza, Luís
Plaza, Luís
Sindicalista. Foi, xunto con Xosé Pasín Romero, un dos alicerces da Sociedad de Carpinteros de Santiago (1894). De ideario anarquista, emigrou a Vigo a principios do s XX, onde foi un dos organizadores do Centro de Sociedades Obreras de Vigo. En 1910 asistiu ao congreso fundacional da CNT en Barcelona como delegado de tres sociedades de resistencia viguesas e participou no mitin final en representación do obreirismo galaico. Colaborador de La Voz del Obrero, en marzo de 1911 cofundou a Confederación Regional Solidaridad Obrera, e no verán dese ano emigrou a Lisboa, onde exerceu como director dun periódico anarquista.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela