plebe

plebe

(< lat plebe)

  1. s f [HIST]

    Parte do pobo que, na antiga Roma, non gozaba de todos os dereitos de cidadanía reservados aos patricios. A historia da Roma republicana é a historia da loita constante da plebe por acadar os mesmos dereitos de cidadanía ca os patricios. Foron obtendo a modificación das leis que lles eran contrarias: abolición do poder de interpretación do dereito consuetudinario por parte dos maxistrados patricios (lei das Doce Táboas), derrogación da prohibición de connubium entre patricios e plebeos (lei Canuleia, 450 a C) ou apertura das maxistraturas (leis Licinias-Sextias, 367 a C).

  2. s f

    Clase social a excepción dos nobres, eclesiásticos e militares.

  3. s f

    Clase social da máis baixa categoría.