pleurotremado -da

pleurotremado -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pleurotremados.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da orde dos pleurotremados.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Grupo de taxonomía incerta, considerado orde por algúns autores, formado por peixes condritios que se caracterizan pola situación lateral das aberturas branquiais, coa marxe interior da aleta peitoral libre e coas dúas metades da cintura escapular non fusionadas dorsalmente. Comprende todos os peixes coñecidos habitualmente como tiburóns.