Pleurotus
Pleurotus
[FUNGO]
Xénero de fungos lignícolas, da orde dos poriais, robustos, carnosos e tenaces, coa cutícula lisa e de cor parda, laminiñas brancas e pé curto e excéntrico. A súa carne, comestible, é de cor branca e sabor doce. Viven principalmente durante o outono. En Galicia destaca a especie P. ostreatus.