plutonio

plutonio

(< lat científico plutoniu)

Nome científico: [Pu]

Elemento sintético, de número atómico 94, pertencente á serie dos actínidos. Foi o segundo dos elementos transuránidos coñecidos, descuberto por G. Seaborg e o seu equipo, quen obtiveron en Berkeley en 1940 o isótopo 238Pu por bombardeo do uranio natural con deuteróns nun ciclotrón. Coñécense numerosos isótopos, dos que o máis importante é o 239Pu, cunha vida media de 24.360 anos, que se forma nos reactores nucleares por bombardeo do uranio natural con neutróns lentos, de acordo co esquema


FORMULA


O plutonio 239 goza de grande importancia, dado que é fisible por bombardeo con neutróns e ten aplicacións como explosivo para armas nucleares e como combustible para reactores nucleares. Recupérase dos combustibles nucleares de uranio consumidos, por extracción con fostato de tri-n-butil diluído en queroseno. Existe na natureza, en moi pequena proporción, nos minerais de uranio, proveniente, como o neptunio, do bombardeo do uranio cos neutróns presentes no medio. O metal pode obterse por redución do trifluoruro con metais alcalinotérreos. É quimicamente reactivo, disólvese nos ácidos minerais e reacciona con facilidade co osíxeno e cos halóxenos. É extraordinariamente tóxico; por unha banda, emite partículas, e pola outra, o elemento absórbese especificamente na medula ósea. A súa máxima concentración permisible na atmosfera é de 3 · 1011g/m3e a súa dose máxima é, para o home, de 6 · 10-7 g.