pneumático -ca

pneumático -ca

(< lat pneumatĭcu

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao aire ou aos outros fluídos gasosos.

    2. adx

      Que se move pola presión do aire comprimido.

    3. adx

      Que contén aire.

    4. s m [TECNOL]

      Elemento de rodamento de moitos vehículos, como automóbiles, camións, bicicletas, motocicletas, etc, constituído por un tubo toroidal de caucho (cámara), provisto dunha válvula que permite inchalo con aire a presión, e por unha envoltura (cuberta), formada por unha carcasa de fíos, e por unha capa de caucho que a cobre (banda de rodaxe). Algúns pneumáticos, coñecidos como pneumáticos de baixa presión, teñen moita máis capacidade de aire e unha presión inferior á dos pneumáticos ordinarios. Fabrícanse tamén pneumáticos sen cámara, en que a parte interior da cuberta é de caucho butil, que se axusta hermeticamente á lamia e obtura el mesmo as pequenas perforacións que poden ter lugar. Distínguese entre pneumáticos diagonais, que teñen os fíos da carcasa dispostos paralelamente ao plano da roda; pneumáticos radiais, que adoptan a forma de ferradura e que son os máis utilizados nos automóbiles porque ofrecen menos resistencia ao rodamento, non se desgastan tanto, presentan unha grande estabilidade direccional a altas velocidades e permiten unha alta transmisión de potencia; e pneumático de cravos, indicado para circular sobre xeo ou neve.

    5. máquina pneumática / [FÍS/TECNOL]

      Dispositivo que permite sacar o aire que contén un recipiente ou un recinto, facendo nel o baleiro, mediante a acción dunha ou máis bombas de baleiro.

  1. adx [FILOS/RELIX]

    Relativo ou pertencente ao pneuma, ao espírito ou ao Espírito Santo. O helenismo e san Paulo contrapuxeron o home pneumático (espiritual) ao home psíquico (puramente humano, anímico) e ao carnal, e indicaron que o primeiro posuía o espírito ou o Espírito Santo. Algúns gnósticos denominaron pneumático ao home que chegaba á plena posesión do espírito ou da gnose.

Palabras veciñas

pneuma | pneumat(o)- | pneumática | pneumático -ca | pneumato- | pneumatoartrografía | pneumatocele