Pobla de Farnals, La
Pobla de Farnals, La
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (5.287 h [2001]). O terreo é chairo, dedicado á agricultura de regadío. O sector occidental está dominado pola laranxeira, mentres que a horta tradicional se dedica ao cultivo de hortalizas. Os servizos, en especial o turismo, ocupan unha gran parte da poboación.