podengo -ga

podengo -ga
  1. s [ZOOL]

    Raza de cans de caza de corpo esvelto e orellas aguzadas, que se utiliza para cazar coellos.

  2. podengo galego [ZOOL]

    Raza de can de tamaño mediano (ata 52 cm de altura na cruz os machos e 46 cm as femias), lixeiro, de ata 15 kg de peso, moi rústico, áxil, e con gran capacidade olfactiva, auditiva e visual. Ten as orellas anchas na base e moi móbiles. A pelaxe é de cor variable entre canela, ou avermellada, e nalgúns casos poden presentar algunha mancha branca no peito, na fronte ou nos pés. Teñen un paso longo, e son de movementos rápidos.

Palabras veciñas

podaria | podecio | Podela | podengo -ga | podente | Podente, pazo de | Podentes