Podium
Podium
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela na década de 1970. Editada polo Grupo de Prensa da OJE de Santiago e dirixida por Emilio Navaza, tentou converterse no voceiro dunha parte da mocidade galega da época. Incluíu entrevistas a coñecidos persoeiros de Galicia, artigos sobre mitos e crenzas, avogou pola defensa e protección do medio natural e tentou reflectir algunhas das inquedanzas e preocupacións dos mozos galegos.