Podlaquia

Podlaquia
Nome científico: [polaco: Podlasie]

Rexión histórica do NL de Polonia, a ambas as dúas beiras do curso medio do Bug. A súa cidade máis destacada é Biaéystok. É unha terra pouco produtiva e pouco desenvolvida industrialmente. O voivodato lituano de Podlaquia creouse en 1520, e incorporouse ao Reino de Polonia en 1569. Polo Tratado de Tilsit (1807) a parte norte incorporouse a Rusia, da que dependeu ata a Primeira Guerra Mundial. Actualmente repártese entre o voivodato de Podlaskie, a parte oriental no de Varsovia, e a banda norte no de Lublin.