podzol
podzol
(< ruso podzol ‘cincento’)
s
m
[XEOL]
Tipo de solo de perfil ABC, moi ácido, con humus de tipo mor, que ocupan grandes extensións nas rexións frías e húmidas. Os dous tipos máis característicos son os podzois férricos, formados en bosques de coníferas e en condicións moi húmidas; e os podzois húmicos, desenvolvidos en uceiras e en condicións de humidade baixa.