Pogorelič, Ivo

Pogorelič, Ivo

Pianista. Formado en Belgrado e Moscova, na Escola Central de Música e no Conservatorio Chaikovski, destaca fundamentalmente na interpretación da obra pianística de Bach, Beethoven e Chopin cunha técnica brillante e moi expresiva. En 1977 coñeceu a Alice Kerezade, quen o atraeu cara á escola pianística de Liszt. Preocupado pola formación de novos músicos, en 1988 foi designado embaixador de boa vontade da UNESCO e creou un organismo en Croacia para dotar de bolsas de estudos a novos talentos musicais.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Belgrado