Polanski, Roman
Polanski, Roman
Realizador cinematográfico. Supervivente do gueto de Cracovia, amosou a ironía e o sentido do absurdo en boa parte da súa obra. Dirixiu Noz w wodzie (O coitelo na auga, 1962), en que analiza as tensións humanas na sociedade socialista, Repulsion (1965) e Rosemary’s Baby (1968), que significou a súa estrea en Hollywood. O asasinato da súa muller Sharon Tate (1969 )motivou o seu regreso a Europa. Da súa filmografía destacan Chinatown (1973), Tess (1979), Bitter Moon (1992), Dead and the Maiden (1994), The Ninth Gate (1999) e The Pianist (2002), con que obtivo a Palm d’Or do Festival de Cannes e o Oscar como mellor director.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París