Polaris
Polaris
[BÉL]
Mísil mar-terra estadounidense, provisto dunha cabeza nuclear e concibido para ser lanzado desde submarinos atómicos somerxidos. Son lanzados mediante a acción de aire comprimido e non acenden os seus motores ata estar a uns 25 m da superficie da auga. As primeiras probas feitas con estes mísiles foron efectuadas en 1961.