polarizabilidade

polarizabilidade

(

  1. s f [QUÍM]

    Tendencia dun ión a deformarse, perdendo a simetría esférica do ión libre, a causa das atraccións ou repulsións electrostáticas que experimenta a nube electrónica. É importante sobre todo para os anións, e aumenta co volume e a carga.

  2. s f [FÍS]

    Capacidade dun medio de polarizar unha radiación electromagnética.

Palabras veciñas

Polaris | polariscopio | polarizábel | polarizabilidade | polarizable | polarización | polarizador -ra