polarización

polarización

(< polarizar)

  1. s f
    1. Acción e efecto de polarizar ou polarizarse.

    2. [FÍS]

      Condición dunha radiación luminosa (ou en xeral electromagnética), cuxo vector do campo eléctrico mantén unha certa orientación. Se en todos os puntos da dirección de propagacións ese vector permanece sempre nun mesmo plano (plano de polarización), a polarización é plana ou lineal. Se en cada punto da dirección de propagación o vector describe unha circunferencia, a polarización é circular, e se describe unha elipse é elíptica.

  2. [TECNOL/FÍS]
    1. s f

      Tipo de corrente que consiste no movemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico. É momentáneo se a ddp aplicada é continua, pero é permanente se é alterna.

    2. polarización dieléctrica

      Modificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico. Débese á orientación das cargas moleculares. Exprésase mediante o vector polarización P .

    3. polarización dun eléctrodo

      Diminución do valor absoluto do potencial dun eléctrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el, feito que provoca unha diminución da intensidade de corrente proporcionada.

    4. polarización eléctrica

      Fenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen e que é responsable da aparición, en cada elemento do volume ÄV, dun momento dipolar eléctrico Ä p .

    5. vector polarización

      ector P que equivale ao momento dipolar por unidade de volume que aparece en cada un dos puntos dun dieléctrico sometido a un campo eléctrico E .

  3. s f [FÍS/TECNOL]

    Superposición, nos sistemas de gravación magnética, dun campo magnético adicional ao creado polo sinal que se quere gravar, coa intención de conseguir unha linearidade aceptable no seu funcionamento. Emprégase xeralmente corrente alterna de frecuencia ultrasónica.

  4. s f [FÍS]

    Tensión ou corrente que, aplicada ao eléctrodo de control, nun dispositivo electrónico (tubo, transistor, etc), determina o punto de funcionamento sobre a curva característica. O valor da polarización establece a clase de funcionamento, e pódese traballar en réxime lineal ou de conmutación, con dous estados: bloqueo e saturación.

  5. s f [FÍS/QUÍM]

    Fenómeno que provoca que, nun electrólito, a tensión dun eléctrodo ou dun elemento galvánico sexa diferente cando hai paso de corrente ou cando este é nulo. Ten unha especial importancia nas pilas. Para combatela incorpórase á pila un despolarizador axeitado.

  6. [FÍS]
    1. s f

      Fenómeno que, nunha radiación electromagnética, consiste en conferir unha dirección ben definida ao campo eléctrico E que caracteriza as ondas que forman a radiación. Convencionalmente, chámase plano de vibración ao que contén E e a dirección de propagación, e plano de polarización ao que contén a dirección de propagación e é perpendicular ao plano de vibración. O fenómeno foi observado arredor de 1690 por Ch. Huygens ao atravesar a luz un cristal de espato de Islandia. A luz reflectida por un espello baixo un ángulo ben determinado (ángulo de polarización) presenta as mesmas propiedades. Ademais de por reflexión (lei de Brewster), a polarización da luz pode lograrse por refracción, por dobre refracción (birrefrinxencia) e por absorción selectiva.

    2. polarización rotatoria

      Xiro do plano de polarización dun feixe de luz polarizada que ocorre cando atravesa unha substancia opticamente activa. Foi descuberta por F. Arago en 1811.

  7. polarización dos fotóns [FÍS]

    Estado de spin dos fotóns. Dado que un fotón ten unha masa nula e sempre se move á velocidade da luz, as únicas polarizacións que presenta son 1 e -1.

  8. polarización de membrana [FISIOL]

    Distribución desigual de ións de sodio e potasio no líquido extracelular e no citoplasma, que provoca unha diferenza de potencial eléctrico na membrana da célula.

  9. polarización económica [ECON]

    Crecemento zonal nunha rexión económica, con concentración de actividades económicas que afectan ao resto do territorio.

  10. polarización magnética [FÍS]

    Magnitude vectorial P m propia dun campo magnético nunha substancia de permeabilidade relativa ì r , que ten un valor de P m = B - B 0 = B 0 (ì r -1), sendo B a indución magnética real e B 0 a que habería se o medio estivese ao baleiro. OBS: Tamén se denomina imantación.

  11. polarización nuclear [FÍS]

    Orientación dos spins ou dos momentos angulares totais dos núcleos dos átomos.

Palabras veciñas

polarizábel | polarizabilidade | polarizable | polarización | polarizador -ra | polarizante | polarizar