polémica

polémica

(

  1. s f

    Debate ou discusión intensa sobre calquera tema, principalmente por escrito.

    Ex: A nova lei desatou unha forte polémica.

    Sinónimos: controversia.
  2. s f [RELIX]

    Controversia escrita que manifesta entre defensores a disparidade entre doutrinas teolóxicas opostas ou, sobre todo, entre membros de confesións ou relixións diversas. A polémica anticristiá do Islam, por exemplo, fundamentouse sobre todo en acusar aos cristiáns de deformar a Revelación, pois o contido definitivo desta estaría reflectido no Alcorán. A polémica antimusulmá fundamentouse no corpus de obras islámicas recollido en Cluny e na tradución do Alcorán de Robert de Ketton.

Palabras veciñas

poleiro | polemarca | polemarquía | polémica | polémico -ca | polemista | polemizar