polemoloxía

polemoloxía

(

s f [BÉL]

Ciencia que aborda o estudo interdisciplinario da guerra como fenómeno social. En 1945 o Institut Français de Polémologie foi fundado por Gaston Bouthoul, creador do termo e autor de numerosos e importantes ensaios. O seu antecedente máis importante foi a obra A Study of War, de Q. Wright (1933). Baséase na idea de que a guerra é evitable.

Palabras veciñas

polémico -ca | polemista | polemizar | polemoloxía | polemoniáceo -a | polemonio | Polemonium